sábado, 28 de mayo de 2016

Rutas saudables

Paseos a pé e en bicicleta en Monforte

A sostenibilidade e seguridade nos desprazamentos pasa pola adecuación das vías nas que transcorren. Na actualidade, en Monforte temos só un tramo habilitado para bicicletas, que comparten uso cos peóns. Trátase do ubicado no Parque dos Condes e que transcorre ao longo da ribeira do Cabe, na ruta que nos identificamos co número 1 no metrominuto de Rutas Saudables. Este mapa foi elaborado polo alumnado de 1º e 2º de ESO do IES Daviña rey e publicado co patrocinio do Concello de Monforte de Lemos. Ten como obxectivo a difusión das rutas xa existentes, entre as que se atopa a mencionada, e do deseño doutras novas tomando como referencia as rúas polas que adoitan a camiñar os monfortinos.

Se tes interese en colaborar na mellora destas rutas enche a nosa enquisa.


Corredores de ciclistas en Galicia

Plan Director de Mobilidade alternativa de Galicia de decembro de 2011 (PDMAG), revisado en 2013, presenta unha serie de recomendacións de trazados de vías para ciclistas. Este plan é un referente para as administracións que queiran por en marcha iniciativas de mobilidade para ciclistas. Ainda que os contidos que amosa son suxerencias, é un punto de partida para que concellos e deputacións se animen a crear rutas que permitan o tránsito seguro neste medio.
Neste Plan se indican entre outros, cal é o número de aparcabicis recomendado en centros educativos ( 3 por cada 10 alumnos maiores de 9 anos e 1 por cada 5 empregados, pax.150) e os distintos modelos coas vantaxes e desvantaxes. Tamén se inclúen directivas para a sinalización dos tramos e os pictogramas que deben seguir o Manual de sinalización turística de Galicia (Decreto 85/2012), xa que hai rutas que teñen a súa imaxe corporativa identificativa como é o caso do Camiño de Santiago (Imaxe da modificación segundo orde do 5 de novembro de 2015).

Existe unha proposta de rede básica de corredores ciclistas na que Monforte aparece como punto inicial ou final doutras vías, e que, coidamos, debe actualizarse polo recente recoñecemento do Camiño de Santiago de Inverno (artigo 73 da Lei 5/2016 do Patrimonio cultural de Galicia)

Imaxes extraídas do Plan Director de Mobilidade Alternativa de Galicia, Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas
Arquivos:
Descargar o M3 de Rutas Saudables da web do Concello